A GAITA

ORIXE E HISTORIA: A súa orixe é moi incerta pero parece, polos relatos de diversos historiadores, que está presente na nosa historia desde o século V antes de Xesús Cristo. O que podemos confirmar é a súa presencia desde o século I.

A gaita formouse a partir da evolución do óboe, que foi dotado dun depósito suplementario de aire.

FAMILIA Á QUE PERTENCE: é da familia de vento-madeira, de dobre lingüeta, escondida no interior do punteiro.

FABRICACIÓN: Tódalas gaitas galegas están fabricadas a man, con madeira para as lingüetas e pel para o fol. A madeira pode ser de buxo (a preferida polos constructores), oliveira, acivro ou bidueiro.

DESCRICIÓN: consta de 4 embocaduras de madeira: por unha introdúcese o aire ao fol e as outras 3 serven para tocar. O elemento polo que se sopra chámase soprete e vai ligado ao fol, que é o que axuda ao músico a non realizar tanto esforzo cos pulmóns e non ter que soprar continuamente, xa que no seu interior gárdase o aire dunha vez para outra. Co punteiro, tapando os buratos, prodúcese a melodía desexada.

O son prodúcese a través da palleta, que vibra ó recibir o aire do fol que o punteiro lle transmite. Os outros elementos son o roncón e o ronquillo, que producen un son fixo, coma de fondo. O roncón é moi longo e é o que fai o son máis grave. A súa lingüeta non é como a do punteiro, posto que é alongada e cunha especie de chifre dentro, que ao ser moi longo prodúcese ese son grave. O ronquillo é máis curtos o seu son é máis agudo.

Existen varios tipos de gaita:

-Punteiro cónico, con palleta dobre.

-Punteiro cónico con palleta simple.

-Punteiro cilíndrico, con palleta simple

-Punteiro cilíndrico con palleta dobre.

MODO DE TOCALO: é moi sinxelo. Colócase o fol debaixo do brazo esquerdo e sóprase ata inchalo. O roncón e o ronquillo comezan entón a soar. Ao apertar o fol e tapando os buratos do punteiro, prodúcense as melodías. Cando fai falta máis aire, sóprase de novo, sen apertar o fol.

APRECIACIÓN PERSOAL: Parécenos un instrumento moi destacable no repertorio de instrumentos galegos xa que é un dos que máis repercusión ten en todo o grupo da música galega. Pódese atopar en moitas cancións galegas. Tamén destacamos o seu bonito son.

Noé Fernández López, Daniel Allegue Castro, Sergio Baamonde Álvarez, Noel Durán Barro, (4º ES0)

PITOS DOS PARAGÜEIROS OU CHIFRES

FAMILIA Á QUE PERTENCEN: Vento.

MATERIAL CO QUE SE FABRICA: están feitos a partir de madeira, xeralmente, do lugar.

DESCRIPCIÓN: O chifre é un instrumento de madeira con varios furados pechados polo fondo. A súa forma, é un trapecio. Algúns, están adornados con cabezas de animais feitas de madeira e pegadas no fondo do instrumento.

MODO DE TOCALOS: Á forma de tocalos é semellante á das harmónicas, recorrendo cos beizos, tódolos buratos en sentido horizontal e de forma rápida, para que se produza o seu son.

APRECIACIÓN PERSOAL: Parécenos un instrumento moi peculiar, tanto polo seu nome como polas formas que pode ter, cando se lle colocan no se lado pechado formas de cabezas de animais.

PITO DO AFIADOR

ORIXE E HISTORIA: Utilizábano os afiadores e os paragüeiros para anunciar a súa chegada aos lugares polos que pasaban. Hoxe en día estes oficios xa desapareceron, pero os seus sons aínda se escoitan nas rúas.

FAMILIA: Son instrumentos da familia de vento.

MATERIAL CO QUE SE FABRICA: Fabrícase con madeira.

MODO DE TOCALO: Tócase coma a harmónica, soprando nos bordes en horizontal rápidamente para producir o seu son característico.

TIPO DE SON: O seu son é moi peculiar e difícil de describir. O mellor é escoitalo.

Os lutiers destes instrumentos atópanse en Santiago, pero tamén noutras partes de Galicia.

OPINIÓN: É un instrumento interesante, que nos gustaría aprender a tocar e escoitar o seu son, pero é un instrumento sobre o que non se fala nada. É moi pouco coñecido.

María Vérez, Paula e Daniela (3º ESO)

CORNO DE CABRA

FAMILIA A QUE PERTENCE: É un instrumento de vento.

MATERIAL CO QUE SE FABRICA: É moi sinxelo porque está constituído só por un corno, xeralmente de vaca, de onde vén o seu nome.

DESCRICIÓN: É de tamaño medio, alongado, moi liso e leva dous buratos: un pequeno e un grande.

MODO DE TOCALO: no burato pequeno colócase a boca e no grande é por onde sae o son.

TIPO DE SON: O seu uso musicalmente é escaso, xa que a súa extensión tonal e afinación é limitadísima. Acompaña certas pezas musicais, soando moi especialmente e sempre cunha intención de chamada de atención. Para obter son é preciso soprar con forza. O son que produce é moi grave e ten moita intensidade.

FUNCIÓN: En xeral sóprase para producir un son que serve para chamar a alguén ou avisar de que algo sucede.

ZONA DE GALICIA NA QUE PREDOMINA: entre pastores.

APRECIACIÓN PERSOAL: nós este instrumento non o coñeciamos moito, pero parécenos moi útil para os pastores.

Fran, Saúl e Iago (3º ESO)

A CANAVEIRA

ORIXE E HISTORIA: A súa orixe remóntase ao século XVI.

FAMILIA Á QUE PERTENCE: Percusión.

MATERIAL CON QUE SE FABRICA: Madeira.

DESCRICIÓN: Fragmento de madeira duns 60 cm . de longo que se asemella a unha vara. A madeira leva unha abertura que ocupa dúas terceiras partes do corpo.

MODO DE TOCALA: O son conséguese ao golpear a canaveira contra o chan cando a abertura vibra.

TIPO DE SON: Semellante ao das palmas.

O PANDEIRO

ORIXE E HISTORIA: é un instrumento dos máis antigos de Galicia. O seu nome provén do lat.tardío pandorius , tomado do gr. pandoura.

FAMILIA Á QUE PERTENCE: percusión.

MATERIAL CON QUE SE FABRICA: con madeira e pel de cabrito.

DESCRICIÓN: é un instrumento de percusión membranófono. Está formado por un arco de madeira, cuberto por dúas peles de cabrito e leva no seu interior uns cascabeis. Ten forma de cadrado.

É costume levalo colgado do pescozo ou suxeito nas mans, grazas a unhas cintas nas que se introducen os polgares. Tamén pódese levar atado á cintura ou ben sobre o peito, sosténdoo cos brazos. Antigamente utilizábase para os chamados “cantos de pandeiro” e tamén era empregado polos mozos que acompañaban aos cegos nos seus cantos. Actualmente ten unha especial utilidade no acompañamento do canto e como protagonista rítmico no acompañamento da pandeireta.

MODO DE TOCALO: colócase á altura do embigo e atándoo á cintura coas cintas; suxéitase cos brazos e tánxase coa mobilidade dos puños que o golpean, facendo así que o compás sexa máis vivo.

TIPO DE SON: produce un son homoxéneo e seco.

Vanesa, Miriam e Jenny(3º ESO)

O TAMBORIL

ORIXE E HISTORIA: Da súa orixe, similar á do bombo, temos testemuños que o vinculan coas civilizacións mesopotámica, grega, exipcia e romana, desde onde chegou a nós a través do mar Mediterráneo.

FAMILIA Á QUE PERTENCE: Pertence ao grupo dos instrumentos de percusión e, dentro deste grupo, á familia dos membranófonos.

MATERIAL CON QUE SE FABRICA: Madeira e pel.

DESCRICIÓN: Está formado por unha caixa redonda que ten aproximadamente 1m. de diámetro e que leva por as caras superior e inferior unhas peles tensadas con cordas que soan ao ser golpeadas coa maza. Na súa parte inferior leva uns bordóns, xeralmente de tripa, cuxa función é darlle máis redobres ao son. Tócase con dúas baquetas, que teñen un mango de madeira e unha parte redondeada forrada de tea ou calquera outro material similar, como o coiro.

XEITO DE TOCALO: Percútese coas dúas baquetas. Este instrumento, xunto co pandeiro e dúas gaitas, forma o cuarteto máis habitual na música folclórica galega.

TIPO DE SON: O seu son e profundo, escuro e cálido. Suxire forza, pola súa potencia. Tamén dá idea de mandato pois leva as bases do ritmo.

ZONA DE GALICIA NA QUE SE FABRICA: Os luthiers, que se dedican a fabricar tamboriles encóntranse na comarca de Vigo, aínda que tamén os hai noutros lugares de Galicia, como en Cambados.

APRECIACIÓN PERSOAL: Nós cremos que este é un instrumento agradable de escoitar, e que estaría ben tocalo, xa que non parece moi complicado.

Fran, Saul e Iago (3º ESO)

A CAIXA

ORIXE E HISTORIA: A súa orixe é descoñecida, e pese a que se trata dun instrumento moi antigo, a súa inclusión nos grupos de música tradicional e simultáneo á aparición de instrumentos foráneos como o clarinete, o saxo, etc., e co feito de comezárense a interpretar músicas para o baile agarrado, que requirían sons da caixa dos que carecía o tamboril, músicas como o vals, mazurcas, tangos, rumbas, etc., que provocaron que se desprazase pouco a pouco o clásico tamboril.

Este instrumento acadou gran aceptación por partes dos tamborileiros que tocaban nas romarías, por permitir redobrar con maior nitidez e poder escoitar máis que cos tamborís normáis. A comezos do século XX utilizábase incluso unha caixa de metal.

FAMILIA Á QUE PERTENCE: Percusión.

MATERIAL CON QUE SE FABRICA: Madeira e pel.

DESCRIPCIÓN: A súa estrutura é case igual ca do tamboril. Distínguese do mesmo por ser de menor dimensión e polos bordóns na parte inferior, xeralmente de nailon ou metálicos.

MODO DE TOCALA: A caixa adoita ir atada á cintura e tánxese do mesmo xeito que o tamboril.

TIPO DE SON: Planos, secos e abertos.

Vanesa, Miriam e Jenny (3º ESO)

O BOMBO

0RIXE E HISTORIA: Trátase dun dos instrumentos máis antigos do noso folclore e o que mellor se adaptou ao paso do tempo. A súa orixe non está consensuada: hai estudiosos que a sitúan na India, mentres que outros aseguran que a súa orixe remóntase ás civilizacións mesopotámica, grega e exipcia. Ao principio foi empregado para os ritos pagáns, de adiviñación,de fecundación... ou como instrumento para pedir algún favor aos deuses

A súa presencia no noso folclore coincide coa aparición dos grupos gaiteiros.Ao principio as formacións típicas de percusións empregaban grandes bombos e redobrantes, tanxidos con duas mazas. Hoxe en día consérvanse estes tamaños en pezas tradicionais como as treboadas do Sur de Pontevedra ou de Ourense.

FAMILIA Á QUE PERTENCE: Percusión (membranófono percutido)

MATERIAL CO QUE SE FABRICA: Madeira e coiro.

DESCRIPCIÓN: Instrumento musical de percusión que consiste nun cilindro, xeralmente de madeira, cuxos extremos se axustan a unha membrana estirada (normalmente de coiro), que se tensa cuns bastidores unidos por cordas entre si e que é golpeada cunhas varillas ou paos para producir sons.

MODO DE TOCALO: O son conséguese cando golpeas as mazas contra o coiro.

TIPO DE SON: O son é grave e potente.

APRECIACIÓN PERSOAL: Cremos que é un instrumento pouco valorado, porque moita xente pensa que é moi sinxelo de tocar, e nós cremos que é moi importante porque é o encargado de marcar o ritmo.

Iván, Noelia and Sergio (3ª ESO)

A PANDEIRETA

ORIXE E HISTORIA: É un instrumento moi antigo, pero durante anos foi o gran esquecido da nosa música, polo que estivo a piques de desaparecer. De feito é o derradeiro instrumento tradicional en incluírse nas agrupacións folclóricas.

Na actualidade vive un bo momento grazas ao traballo dos grupos de pandereteiras.

FAMILIA Á QUE PERTENCE: Instrumento membranófono de percusión.

MATERIAL CO QUE SE FABRICA: pel, madeira e metal.

DESCRIPCIÓN: Este instrumento está formado por un aro de madeira en forma de círculo, ao que se suxeitan dúas filas de ferreñas agrupadas por parellas (vibran cando se percute a pandeireta), e que se distribúen ao longo do mesmo. Ademais este aro está recuberto nun dos seus lados por unha pel –normalmente de cabrito-, que se tensa cun bastidor que está cravado no aro.

MODO DE TOCALA: Para tocala, sostense cunha man e coa outra golpéase contra a pel, utilizando para elo os dedos, aínda que hai quen a golpea co puño. Normalmente, o emprego da man ou do puño á hora de tocala depende da zona xeográfica na que se faga. Así en Pontevedra adoitase tanxer coa man esquerda aberta, en Ourense co puño, e no Norte de Lugo faise co puño e o dedo polgar estendido.

Soen tocala as mulleres á vez que cantan para animar as festas.

TIPO DE SON: O seu son non é melódico; o que cambia é o ritmo que pode ser moi variado se está ben tocada. Ademais as sonaxas vibran cando se percute a pandeireta, o que lle provoca un son característico e moi alegre.

ZONA DE GALICIA NA QUE SE FABRICA: Fabrícanse en moitos puntos de Galicia.

APRECIACIÓN PERSOAL: Parécenos un instrumento moi utilizado durante todas as xeracións e que está presente en moitos grupos musicais.

Fran, Saúl e Iago (3º ESO)

A PANDEIRA

ORIXE E HISTORIA: A pandeira é un dos instrumentos máis valiosos da tradición musical galega (tamén se denomina pandeiro redondo), entre outras cousas porque está en fase de desaparición. Cada vez son menos as tocadoras que se poden atopar; menos aínda as que dominan de verdade o instrumento e os xéneros co que se interpretaban.

O instrumento remóntase varios milleiros de anos atrás, téndose tocado en Exipto, Asia Menor e mencionado na Biblia en varias ocasións co nome de tímpano. Baixo esta denominación tamén se coñeceu en latín, cuxa lingua serviu de ponte entre o hebreo orixinal e as linguas latinas actuais. Está comunmente aceptado que a denominación galega procede do latín pandorius aínda que, como acabamos de ver, tímpano foi tal vez o nome propio latino. De todas maneiras, resulta moi difícil distinguir entre a tipoloxía cadrada (pandeiro) e a redonda (pandeira) cando se investiga tomando textos antigos, pois ambos instrumentos teñen tido a mesma denominación en diferentes etapas históricas e zonas do mundo.

FAMILIA Á QUE PERTENCE: Instrumento de percusión da familia dos membranófonos.

MATERIAL CON QUE SE FABRICA: Adoitan ser de madeira e están recubertas cun parche de pel.

DESCRICIÓN: O instrumento é sinxelo; consiste nun bastidor circular de 40 a 50 cms. de diámetro, con ou sen ferreñas, que ten unha pel de ovella ou cabrito montada nel; de feitura semellante aos cribos ou peneiras. Témola rexistrada con variadas tipoloxías.

- Sen ferreñas: moi rara aínda que descrita por algunha xente que a lembra de hai catro ou cinco décadas.

- Con cinco pares de ferreñas (nunha única rea ou fieira).

- Con cinco ou seis pares duplos de ferreñas (dúas reas).

- Con ferreñas dispostas en dúas reas pero cos pares desemparellados.

Moitas veces podemos ter a dúbida de se un instrumento é unha pandeira pequena ou unha pandeireta grande, pola cantidade de tamaños intermedios que se poden ver.

 

XEITO DE TOCALA: A técnica de interpretación antiga, ao vello xeito, orixinariamente era coas dúas mans. A esquerda, que terma o instrumento e o mesmo tempo da cos dedos, e a dereita, que golpea libremente. Nun paso evolutivo posterior a man esquerda quedou coa única función de termar a pandeira, facéndose coa dereita tódolos golpes.

Destas dúas maneiras é como se toca; existindo algunhas variantes, ás veces vinculadas a seus xéneros, entre as que están tocar coas dúas mans, só coa man dereita aberta, só coa man dereita pechada e tocar coa man dereita aberta tamén, pero apoiándose só un pouco na esquerda.

TIPO DE SON: O seu son é peculiar, ao combinar o son da pel co das ferreñas.

OPINIÓN: Este instrumento parécenos moi sinxelo por fóra, pero difícil de tocar.

María Verez, Paula e Daniela (3º ESO)

AS FERREÑAS

FAMILIA Á QUE PERTENCEN: Percusión.

MATERIAL CON QUE SE FABRICA: Adoitan ser de madeira e metal.

DESCRICIÓN: Instrumento musical folclórico galego, formado por un arco de madeira cunha serie de pares de pequenos discos de chapa metálica. Utilízase de acompañamento.

MODO DE TOCALO: Soan ao imprimirlles movemento.

TIPO DE SON: O seu son é brillante e metálico.

Vanesa, Miriam e Jenny (3º ESO)

O CHARRASCO

ORIXE E HISTORIA: O charrasco foi moi empregado noutrora como acompañamento ao gaiteiro en zonas coma Cuntis, na provincia de Pontevedra e A Ulla. Tamén se empregaba como “barulleiro” no Antroido e no Nadal, onde anunciaban o paso das comparsas xunto con cornos, cornas, carracas e calquera instrumento que metese barullo. Durante moito tempo estivo esquecido, pero hoxe en día estase a recuperar e a ser utilizado de novo como acompañamento de gaitas e bandas de gaitas, grazas á súa gran riqueza rítmica e á súa espectacular vistosidade.

FAMILIA Á QUE PERTENCE: Percusión.

MATERIAL CON QUE SE FABRICA: E de madeira e leva suxeitas unhas ristras de ferreñas.

DESCRICIÓN: Consiste nun mastro de madeira que leva unha goma para facer contacto co chan; na súa parte superior leva un rectángulo de madeira onde se colocan un número indeterminado de ferreñas.

MODO DE TOCALO: O son conséguese batendo o pao contra o chan.

TIPO DE SON: Ao tocar o charrasco conséguese un son similar ao de varias pandeiretas xuntas e ao bater o pau do charrasco contra o chan márcase o ritmo.

APRECIACIÓN PERSOAL: É un instrumento fermoso e típico da música folclórica galega a nós gústanos por este motivo e porque é moi antigo.

Iván, Noelia e Serxio (3º ESO)

AS TARRAÑOLAS

ORIXE E HISTORIA: Estes instrumentos folclóricos son moi antigos, xa que aparecen en documentos antiguos acompañando a músicos e xograres na época medeval. Ademáis están representadas nas miniaturas das cantigas de Santa María, do rei Alfonso X o Sabio.

FAMILIA: Percusión.

MATERIAL CO QUE SE FABRICA: Madeira.

DESCRICION: Son dúas láminas de madeira nobre duns 20 cm . de longo e diferente ancho, segundo se desexe un son máis grave ou máis agudo. A súa forma é variable, dependendo do gusto da persoa que a fabrica ou do tanxeador.

MODO DE TOCALAS: Encáixanse entre os dedos anular e índice, suxeitando unha presionada co pulgar. Tócanse abaneando a man en movemento xiratorio á vez que se move o pulso e o antebrazo simulando golpear o peito para facelas entrechocar. Son o acompañamento ideal de pezas e cantigas.

TIPO DE SON: Grave, e varía segundo o material co que se fabrique.

OPINION: Parecenos un instrumento moi fácil de fabricar, pero algo complicado á hora de tocalo pola forma en que hai que coller o instrumento.

María Vérez, Paula e Daniela (3º ESO)

O BIRIMBAO

FAMILIA Á QUE PERTENCE: Percusión (punteada).

MATERIAL CON QUE SE FABRICA: metal.

DESCRICIÓN: Instrumento de pequeno tamaño. Posúe unha forma case sempre de ferradura cunha lingüeta de metal no medio.

MODO DE TOCALO: Co índice dunha man faise vibrar a lingüeta de metal mentres que coa outra se sostén cos dentes; o que forma que a caixa actúe coma unha caixa de resonancia.

TIPO DE SON: Produce un son moi especial debido ao material de que está feito, e sobre todo, ao modo de tocalo.

AS CUNCHAS

ORIXE E HISTORIA: Os romeiros desde a Idade Media usábanos como instrumento rítmico.

FAMILIA Á QUE PERTENCE: Percusión de raspadura.

MATERIAL CO QUE SE FABRICA: Conchas de vieiras.

DESCRIPCIÓN: Trátase dun recurso utilizado como instrumento popular galego formado a partir de dúas conchas de vieira, por seren estas as máis grandes de todas.

MODO DE TOCALO: Golpéanse e ráscanse entre sí para producir ruído. Acostuman a usarse como acompañamentos da gaita e do canto.

TIPO DE SON: caracterízase por ser seco.

APRECIACIÓN PERSOAL: Parécenos un instrumento galego moi típico, debido á súa sinxeleza á hora de tocalo e a súa longa tradición.

A ZANFONA

ORIXE E HISTORIA: A zanfona é un instrumento con orixe incerta, aínda que se pode relacionar co organistrum do século XII. Tivo etapas de gran esplendor, como se deduce da súa presencia nas Cantigas de Santa María da Idade Media, e a finais deste período converteuse no instrumento dun grupo social particular: os cantores cegos ambulantes.

FAMILIA Á QUE PERTENCE: Corda fretada.

MATERIAL CON QUE SE FABRICA: xeralmente madeira.

DESCRIPCIÓN:

A zanfona consta de:

- Cinco cordas de tripa, das que dúas van polo exterior e fan os baixos; e tres, polo interior, que son as que tocan a melodía.

- Unha roda coa que se frotan as cordas.

- Unha caixa de resonancia con forma abombada.

- Un teclado.

MODO DE TOCALO: A zanfona funciona mediante o movemento dunha roda nas cordas, o cal produce o seu máxico son. A zanfona ten un manubrio que o músico move cunha man. Isto fai xirar a roda, e polo tanto roza nas cordas. Das cinco cordas, hai tres cantantes que van dentro da caixa do teclado. Estas tres son tocadas por unhas espadelas aloxadas no teclado, que, pulsado polo tocador, varían a lonxitude vibrante da corda, co que conseguimos a melodía. O son vén dado polas outras dúas (bordóns), que producen as notas pedais.

TIPO DE SON: O son que produce é moi singular e cando a escoitamos parece que nos trasladamos á época medieval.

Lucía, Tania e Laura (4º ESO)